

Unha revisión dos máis de cen anos de historia do ciclismo en Galicia.
Hai máis de cen anos o ciclismo galego xa era de primeira categoría. A finais do século XIX algún corredor da nosa terra, caso de José Curbera Fernández, conseguía a maior velocidade de España tanto en estrada como en pista. A principios do XX, un sprinter galego, o compostelán Manuel Neira, foi campión de España de 1904 a 1908.
Xerardo González Martín, con experiencia na historia local e no desenvolvemento dos primeiros automóbiles galegos, moitas veces con cicleiros ao volante, fai unha aproximación ao ciclismo que cumpre agora 120 anos.
Unha revisión dos máis de cen anos de historia do ciclismo en Galicia.